ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/01/14

Casa atlántica, casa cabaret

Comentario de Denise Varela


Casa atlántica, casa cabaret
María Lado
Xerais








 “Sei que os amigos son como almorzar sopa con cacao” 
 Non sei de que maneira, pero esta frase foi a que máis quedou gravada na miña cabeza, de tal xeito que non parei de repetila.  Casa atlántica, casa cabaret é un libro de poesía escrito por María Lado. Nunca fun persoa de ler moita poesía, pero teño que recoñecer que quedei abraiada coa poesía de María Lado,  encantáronme eses pequenos detalles das cousas máis cotiás e simples  da casa. Quedeime sen dúbida ningunha co poema do  bote de azucre:

o bote de azucre
este bote
porque nunca o nomeamos mellor
é cárcere de vidro de conversas
e favores dos veciños insomnes
director do preludio para ferrada e pocillos
eles saben do que falo
do bote ó que lle comemos a medula
a culleradas sen respiro
cadáver que enterramos en doce para non ulilo aprodecer
velo descarnar sabelo falando
entre as follas de cana pechadas sen aire
é a hora do café para o inquilino    alúgame ti
un pouco de cariño gústame porque
hai pouco que viñestes que aínda está
a culleriña dentro

 Gustáronme moito as palabras de María Lado en todo o libro, e por iso recomendo a todos que fagan un oco no seu horario, para pórse a ler este libro

Sen comentarios