Do descoñecido ao descoñecido contén a obra poética de Manuel Rivas dende
1980 ata 2003. Nela destacan seis libros: Libro do Entroido, Anisia e outras
sombras, Balada nas praias do Oeste, Mohicania, Ningún cisne e Costa da Morte
blues.
Todos eles son moi diferentes, pero cabe salientar, na miña opinión,
Mohicania e Ningún cisne.
Poida que este
libro conteña centos, miles, millóns… de versos, pero a min sorprendéronme especialmente
os pertencentes ao poema “A NAI TERRA”, que din así:
QUEIMEIME os beizos na túa pel de xeo,
semellante ao da morte, tan fondo o
teu abrazo.
Voume, terra.
E
voume para poder amarte.
Quizais non todas as estrofas sexan fáciles de
comprender, sobre todo para os lectores máis novos, polo que a obra non foi
completamente do meu agrado. Aínda así, e xa para rematar, quero recomendarlle
o libro a todas as persoas que disfruten coa poesía, xa que neste libro
encontrarán a un compañeiro perfecto.
Sen comentarios
Publicar un comentario