
O heroe
Manuel Rivas
Xerais
O heroe é unha
obra teatral de Manuel Rivas que está situada na última guerra
secreta que ocorreu en España. Concretamente céntrase nas fazañas, aventuras e torturas que lle pasaron a Caronte, un exboxeador que
estivo no cárcere e que actualmente ten unha taberna xunto coa súa muller. A obra
conta de que xeito tiñan que tratar cos difíciles tempos nos que vivían, a
ditadura, e fainos pensar dos duros momentos, os secretos, como había que pasar
desapercibidos …
Teño que
comezar dicindo que me encantan as obras de teatro, polo que ler este tipo de obras
resúltanme moi fácil e entretidas. Neste caso, non podo dicir que
quedei abraiada con esta obra, pero tampouco estou descontenta, xa que a
maneira de escribir e expresar as cousas de Manuel Rivas gustoume moito.
Desta obra o que quero destacar é a Medias Vermellas, unha protagonista
que é considerada tola e só aparece en dous momentos na obra, pero penso que
ten moita importancia nela. Foi o personaxe que máis me gustou. Os seus
monólogos sobre a verdade daqueles tempos encantáronme moito, xa que era a
única que dicía as verdades en público.
E vou
rematar dicindo que seguirei a ler moitas máis obras e relatos de Manuel Rivas.
Sen comentarios
Publicar un comentario