ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/01/14

A desaparición da neve



Comentario de Cristina Cabaleiro


A desaparición da neve       
 
Manuel Rivas
Alfaguara

A desaparición da neve contén diversos poemas escritos en galego, castelán, euskera e catalán. Un dos que máis me gustou foi “A MEIGA NA ESQUINA DA BARRA”:

               Amei naquela ollada
               o que había de sospeita.
               E o medo das cousas
               tiña naquel espello a ilusión
               de disentir do futuro.

Este libro sorprendeume dunha maneira moi positiva. Pareceume moi diferente aos demais libros de poesía que lin anteriormente. Era como se me estivesen a contar relatos fantásticos con ritmo e musicalidade propios, e iso precisamente fixo que me somerxera en cada palabra como se fose a última. En resumo, era unha obra chea de poemas, uns máis longos e outros máis curtos, pero ao mesmo tempo por ela fluía un lixeiro toque narrativo.
Recoméndolle este libro a todos os namorados da poesía, pero sobre todo e resaltando o que dixen anteriormente, aos que queiran vela dunha maneira diferente

Sen comentarios