ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/01/14

O lapis do carpinteiro

Comentario de Sonia Troitiño Loureiro


O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Xerais 
 
 
 
O lapis do carpinteiro foi un libro que realmente me encantou. Nel relátasenos a historia dun home que se atopa no cárcere durante a Guerra Civil onde consegue refacer a súa vida sentimental e se converte nunha persoa clave para moitos dos personaxes que aparecen no relato. A aventura que este home segue, na cal loita máis dunha vez coa morte, é tan impresionante como fermosa. O que máis axudou a que o meu interese pola súa lectura fose maior foi a portada, que me chamou moito a atención e a través da cal supuxen que o relato falaría do meu tema preferido:o amor. A verdade é que a lectura deste libro me resultou bastante sinxela e aínda que despois de ler as primeiras follas puiden imaxinar de que maneira podería continuar o relato, non fixo falla moito tempo para decatarme de que o argumento non tería nada que ver co que eu nun principio puiden imaxinar. A miña parte favorita, sen dúbida, atópase na parte final deste libro. Asemade, debo dicir que na súa parte central, houbo ocasións nas que me resultou algo pesado ou confuso debido a forma tan particular que presenta para relatar a historia. O que máis me impresionou foi a maneira na que o autor, Manuel Rivas, consegue que un instrumento tan básico e, en ocasións, sen demasiada importancia como pode ser un simple lapis de carpinteiro, se convirta en algo realmente importante que fai deste libro algo tan diferente e singular. Outro elemento que tamén me impresionou foi a presenza dun personaxe, coñecido como o pintor, que en realidade era un defunto e funcionaba como confidente do que foi narrador durante boa parte da historia.
Houbo certos momentos que contaban cunha gran carga emocional que me resultaron verdadeiramente conmovedores como por exemplo o momento no que se produce o abrazo do protagonista coa súa amada case ao remate da historia e outros que podían resultar algo fortes ou violentos coma o momento no que mataban aos presos. A pesar disto, tamén se alternaban outros momentos máis amenos que aumentaban o interese da historia baixo o meu punto de vista. É,ao meu parecer, unha historia sinxela que dá a impresión de que foi realidade realmente e que entrelaza dúas vidas diferentes pero que comparten o amor que senten por unha muller. Para rematar, dicir que recomendo este libro a todos os lectores sen excepción xa que o considero un libro impresionante que vale a pena ler.

Sen comentarios