ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/01/14

Amantes

Comentario de Sonia Troitiño Loureiro


Amantes
María Lado
Caldeirón




Amantes pareceume un libro un tanto peculiar. Está conformado por un total de doce poemas de temática erótica que narran os sentimentos, as emocións e as vivenzas dos namorados. Algo que me chamou a atención foi a forma que presentan estes poemas que se escapan da  rima tradicional e dos versos perfectamente diferenciados.
Asemade, isto é algo que aumenta o meu desexo de cara á lectura xa que esta maneira tan singular de María Lado para escribir poesía fai de cada un dos seus poemas algo único, diferente e especial. A súa lectura foi realmente sinxela e entretida. Foi a primeira vez que lin poemas de carácter erótico, e debo admitir que me encantaron. Cada unha das distintas historias destes namorados presenta unha enorme carga emocional que fai que os sentimentos do poema se plasmen no propio lector, mergunllándoo nunha historia chea de paixón e tenrura. Outra das cousas que me impresionou e me agradou verdadeiramente foi a presenza, nas últimas páxinas, dunha recompilación de distintas cancións que a autora titula como as melodías dos amantes. A pesar de que os meus poemas preferidos son aqueles curtos que conseguen dicilo todo con tan só unhas poucas palabras, esta maneira un tanto diferente de escribir poesía, ademais de conformar unha marca de identidade da autora, aumenta o interese dos seus poemas. Nel atópanse frases ou expresións realmente fermosas que definen da mellor das maneiras aquilo que recibe o nome de amor e a simple vista parece indescritible. Para min, algunhas delas son:


 sabes que se son nave                                        ergueme só para te 
contemplar,calado,
     é para ir bater contra ti                                 perseverando as bolboretas
das túas pestanas
                        para que me arrastres polo van           en me cubrir de bicos
                        na marea do teu abrazo 
 




Son poemas realmente conmovedores que fan espertar en cada un o seu lado máis sensible. Conseguen seducir ao lector cunha serie de versos intensos. Recoméndolle este libro a todos aqueles e aquelas amantes do amor e das historias dos namorados.
 


O INEXPERTO
que ben sabes, amor novo,
os teus bicos son mazás do inverno,
nacidas para gardar entre a roupa
á calor da lencería
debaixo da saia
e eu devezo
por levar o teu arrecendo nas costuras

PAXAROS E MACEIRAS
da mesma maneira en que os paxaros
seducen as maceiras
é dicir, esforzándose en acrobacias
insinuando as caricias que saben facer
coa punta das ás, despregándoas moito
e da mesma maneira en que as maceiras
cortexan os paxaros, tremendo levemente
cobizando a estrema das follas
milésimas do roce dos animais en voo,
ofrecéndolles, en brazos acolledores, apous
desa maneira, é dicir, bicando a froita
apenas co peteiro
sen descolgala tan sequera dos beizos da árbore
só tomando o bocado xusto, o máis gorentoso
dese modo, nos amamos.
desa maneira en que se manteñen firmes as maceiras
botando raíces na intención
esa en que os paxaros
beliscan a froita
pero nunca chegan a comela por completo.

Sen comentarios