
Comentario de Guillermo Fernández Portas
O principiño
Saint-Exupery
Galaxia
Esta novela de Antoine de Saint-Exupéry foi un
libro, que aínda que xa o tiña lido de hai anos, volveume a gustar moito. A
verdade é que non me acordaba da maioría dos detalles como o do raposo ou de
todos os homes que habitaban nos diferentes planetas. Esta vez, entendín no
libro un significado máis profundo que a outra vez, por exemplo, como
reflexiona sobre varios temas como o amor, a morte, a amizade... Non me sentín
identificado con ningún personaxe pero si que me resultou interesante o papel
do aviador, que era o narrador. Teño que admitir que me resultou bastante
repetitivo tantos planetas que visitou O Principiño antes de chegar ó noso
planeta. Para acabar tamén admito, que o final, como creo recordar que me
pasara da outra vez, non foi moito do meu agrado, porque quedei con moitas dúbidas
sobre o que intenta darnos a entender o autor.