
Tres pasos polo misterio
Agustín Fernández Paz
Xerais
Este libro pareceume bastante interesante e calquera das tres
historias me gustaron. Dicir que o xeito de que os feitos das tres historias se
desenvolvan en vilas ou cidades de Galicia xa fai que teña máis interese por
lelas.
A primeira historia, a dun home que lle gusta a arqueoloxía e
se dedica a iso no museo de Lugo e fai unha investigación na Roza das Modias, é
dicir, nas mámoas que alí se atopan non me parece moi interesante ata que profana as mámoa. Cando máis tiven curiosidade foi nos raros
misterios que ocorrían no museo coa serpe de pedra e as outras cousas achadas
no mesmo lugar. Gustaríame que non tivera un final tan aberto xa que me gustaría
saber que relación tiñan aquel home e aquela muller coa serpe de pedra e tamén
me gustaría que se describise o que lle sucede ao final ao narrador.
Con respecto á segunda historia non parece unha historia de
misterio ata o final, no que Branca se atopa cun rapaz por sorpresa e mantén
durante un indefinido tempo unha conversa e logo os dous quedan de
volverse a ver. Ata que Branca descobre a verdadeira realidade. Para min ese
transcurso da historia foi o único interesante.
Por último, a terceira historia e a máis larga de todas foi a que
máis me gustou. Na miña opinión suprimiría algunhas partes para non facer tan
longa a historia e centrarse algo máis nos feitos importantes. Pareceume bonita
a relación un tanto tímida que os protagonistas mantiñan entre eles. Por outra parte
a min gustaríame que tratara algo máis do vello faro. Quedei coa curiosidade
de saber que serían aquelas sombras pero a verdade polo menos este é un final
pechado no que si sabes como termina a historia.
A
conclusión é que é un libro que si que paga a pena lelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario