ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/12/13

Agosto do 36

Comentario de Alba Iglesias López


Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais




Este libro sorprendeume bastante pola forma na que moitas veces fala o autor. Conta a historia de Gregorio e Sara, unha parella de mestres aos que un falanxista chamado Manuel quere matar porque dicía que a muller fora  súa moza e que Gregorio lla roubara, pero iso non foi así porque os mestres estaban namorados dende moito tempo atrás. El tiña que esconderse para que non lle fixesen nada pero cando ían á casa dos dous o falanxista dicíalle a Sara que como non aparecera que ela as pagaría. Un día cansos de tanto esperar foron coller a moza e atárona a unha árbore á calor que naquela época era insoportable aínda que lle daban auga de vez en cando. Gregorio non se deixaba atrapar pero algunha vez disparaba ao aire para que souberan que estaba vivo e vixiándoos. O final é moi triste.
En si o libro gustoume moito xa que moitas das cousas que acontecen que nos conta o autor  Xosé Fernández pasa na vida real.

Sen comentarios