ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Leticia Couto


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka

Soamente o título e a portada fixéronme entender que Calpurnia non ía ser unha rapaza coma outra calquera da súa época. Era unha rapaza de case doce anos que  posuía a peculiaridade de querer explorar e descubir o porqué de todo en lugar de pensar coma as rapazas da súa idade.Tiña seis irmáns, todos eles homes, e podía apreciarse perfectamente a diferenza de educación que recibía con respecto a eles. É incrible como o feito de ser muller pode chegar a afastarte de tantas cousas ata o punto de que nin sequera teñas o apoio de túa nai e mesmo non poidas ter ilusións coma calquera persoa. Calpurnia está destinada a aprender a coser, cociñar e tocar o piano; sen olvidarse de buscar un bo marido co cal ter fillos para coidalos. A única sorte que ten esta rapaza é o seu avó, que a pesar de ser unha persoa un tanto misteriosa, interésase polas súas gañas de saber. 
Este libro gustoume porque é certo que está ambientado no ano 1899 pero na actualidade segue habendo moitas diferenzas de xénero debido a que seguimos vivindo nunha sociedade machista.

Sen comentarios