ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Mariana Carreño

A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 



A historia deste libro gustoume moito polo xeito no que vai contando a vida de Calpurnia. Nunca lin un libro que tratase sobre unha rapaza de once anos. É moi fácil de ler e ameno. Gústame como lle chama a atención explorar e buscarlle resposta ao porqué de todo, a iniciativa que ten de querer ser científica e non ser como a súa nai lle di, unha señorita que faga as tarefas da casa e nada máis, é dicir, que me gusta que non siga esas ideas machistas. Nótase moito a diferencia no trato que hai cara a ela e cara aos seus irmáns. Paréceme moi tenra a relación que ten co seu avó, quen de verdade se preocupa polo que a ela lle interesa. 
   Unha das partes da historia que me deu moita pena foi cando mandaron a Travis a despedirse dos seus pavos o día anterior, pasouno mal e chorou moito, e como Calpurnia e o seu avó lle pintan as plumas aos pavos para que Travis mirando desde a ventá non notase que eran os seus.

Sen comentarios