ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/12/13

Os comedores de patacas

Comentario de Denise Varela


Os comedores de patacas
Manuel Rivas
Xerais




Os comedores de patacas de Manuel Rivas trata dun rapaz novo, Sam, que estivo nun hospital por culpa dun accidente de coche  e andaba metido en problemas coas drogas. Cando sae do hospital súa nai, preocupada polas súas andanzas e os seus amigos, mándao á casa da súa avoa para que se distancie das drogas e da banda problemática coa que tiña débedas. Na casa da avoa, en Aita, pasa os días co seu irmán Nico, o cal sempre pensaba que era mellor ca el, xa que chegara a ser policía e non andaba en líos. Pero  aínda así estes pelexaban a miúdo.
No relato de Manuel Rivas non sen menciona a palabra droga directamente, senón que  os substitúe por “Algo”, o que nun principio me custou entender. O libro gustoume bastante. Tíñame bastante desconcertada cando comezara a lelo, non sabía moi ben onde me atopaba. Pero o longo do relato ía descubrindo novas. A súa maneira de redactar as cousas foi algo do que máis me gustou, e a división que facía en pequenos fragmentos. A verdade é que quedei  engaiolada coa maneira de escribir de Manuel Rivas, polo que non me quedarei aquí lendo sobre el. 

Sen comentarios