ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/06/13

Hora zulú

Comentario de Ana Castro

Hora zulú
Santiago Lopo
Galaxia



Este libro de Santiago Lopo recolle perfectamente a maxia e a ilusión que temos ao noso arredor. Unha maxia que envolve ao protagonista desta historia transportándoo a un universo cheo de recordos. Uns recordos dunha das mellores etapas, a infancia.
Hora zulú comeza cando o protagonista aparece nun acantilado en estrañas circunstancias e é aquí onde comeza unha aventura repleta de emocións.
A min gustaríame recordar esa epóca xa que a medida que pasa o tempo nada é igual. Os cambios sempre te fan máis fortes pero en certos momentos añoras eses anos nos cales non tiñas máis preocupacións que pintar sen sairte das raias.

Sen comentarios