ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/13

Hora Zulú

Comentario de Lara Fondevila


Hora Zulú
Santiago Lopo
Galaxia



Este libro enganchoume dende o principio, a maneira de comezar con eses informes, toda esa intriga de saber quen será, son só minucias ao lado do que en realidade é a historia. A historia entre Ana e Fran é incriblemente  bonita, encantoume. Os pequenos detalles de cada unha das historias. Esa maneira de parar o tempo no momento preciso: no momento en que arde o contorno da illa; no momento en que o rapaz entende o que queren dicir os debuxos; no momento en que unha cega recupera a vista (nesta historia non quería que se parara o tempo); nese momento de risas e surrealismo dunha relación algo complicada entre compañeiros de piso.... E por último a última historia na que se desvelan cousas que nos fan caer en: quen eran os personaxes das historias anteriores, por que o home apareceu con "amnesia", por que repetía unha e outra vez "que hora é?", caemos no porqué de moitas cousas. A forma en que o autor de  nos aclarar as ideas ao final gustoume moito, novelas coma esta pagan a pena lelas.

Sen comentarios