ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/06/13

Querido Tomás

Comentario de Marina Miguélez

Querido Tomás 
Xosé Neira Vilas
Ediciós do Castro



Querido Tomás é unha carta dunha profesora de 40 anos que está soa, só conta coa compañía dos seus alumnos e coa chegada do verán quedará soa outra vez. Cóntalle a Tomás o triste e infeliz que se sente e que sente tamén que a xente a mira e pensa en que fará unha muller coma ela alí tan solitaria. Na miña opinión, ninguén merece estar só e ela non tivo a sorte de encontrar aínda alguén con quen poder estar e ser feliz, ter fillos, compartir os problemas e as boas novas, etc. Todo o mundo ten ese dereito e ninguén debería pasar a vida só e sen familia. A ela gústanlle os nenos debido a que é profesora e iso está ben pero como non ten parella, tampouco ten fillos e os seus alumnos son a súa única compañía, por desgracia.

Sen comentarios