Empecei a ler este libro xa hai
máis de 3 semanas, e funo atrasando entre outras cousas porque é de medo,
e quen mo recomendou non me dixo que o fose.
Cando o volvín coller para
acabalo empecei a lelo desde o principio, é un libro que se le fácil, sobre todo
para a xente que lle gusten os contos de medo e misterio, persoalmente non me
gustou moito pero hei de admitir que a min non me gusta ningún libro de medo.
O que máis me gustou foi
como Teresa, a irmá de Xabier, aínda despois de que o comisario dea por perdido o
caso, siga investigando sobre o que sucedeu co seu irmán e con Adrián, o amigo
deste.

Sen comentarios
Publicar un comentario