Comentario de Maria Lamazares
A min este libro gustoume moito, teño que dicilo. Vin como en poucas páxinas se
poden reflexar una chea de sentimentos e experiencias que existen na nosa
realidade.
O neno xudeu estaba
nunha situación de soidade, el tiña que facer todo: lavar, cociñar, facer os
recados e aínda por encima non tiña o cariño que precisaba . Pero puiden ver
como non sempre as persoas máis cecanas a ti non son as mellores , se non que
unha persoa aínda que non sexa cercana , se é boa e á parte hai unha boa relación de
amizade e che dá todo o cariño que precisas pode chegar a selo; todo isto foi o
que me fixeron ver o mozo xudeu e mais o señor Ibrahim.
Como xa dixen antes o libro gustoume moito, xa que en poucas páxinas me dixo moitas cousas.
Ademais resultoume fácil de ler e
entender, xa había tempo que non lía un libro que tanto me gustara.

Sen comentarios
Publicar un comentario