ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/06/13

Vento ferido

Comentario de Flor Agión


Vento ferido
Carlos Casares
Galaxia




É un libro moi sinxelo de ler, que consta de doce relatos breves.
O tema central é a violencia e os seus personaxes son adolescentes.
Poderíamos resumilo como historias da vida cotiá, onde uns son vítimas e outros verdugos.

Tamén trasmite un sentimento de tristeza e impotencia, porque moitas veces as cousas que relatan son inxustas para os protagonistas.

Recomendo este libro, porque está escrito nunha linguaxe sinxela e porque os seus relatos son moi reais e fante reflexionar, xa que nos poden pasar a calquera de nós.

Sen comentarios