ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/06/13

As sete mortes

Comentario de Aida Vilariño

 

As sete mortes
Carlos Vila Sexto
Galaxia 




O que máis me gustou deste libro foi o final, ninguén se esperaba que ocorrese iso. A despedida de Xacobe non me gustou de todo, tiña a esperanza de que entre eles dous ocorrese algo e non me esperaba que Xacobe morrese aínda que os bos finais sempre rematan con mortes.
Admiro a valentía tanto de Xacobe como de Natalia, que a pesar de todo o que tiveran vivido anos atrás onde ningún dos dous tiña ganas de vivir, seguiran adiante e non se renderan.

Natalia sen coñecer de nada a Xacobe aceptou axudalo e non o  abandonou en ningún momento, arriscou a súa vida para descubrir  por que  Xacobe  era inmortal.
Outra cousa positiva do libro é que a acción vai dende o principio ata o final, xeralmente os libros son aburridos nos primeiros capítulos pero este non. Quedoume pendente saber que pasou co Corvo, dende que Álvaro saíu do seu corpo non se volveu a nomealo exceptuando unha chamada que Xacobe lle fixo.
Sorprendeume o xeito no que Xacobe deixou a súa adicción polas drogas, tan pronto se lle remataron non volveu a falar delas.
Baixo o meu punto de vista o libro gustoume moito porque adoro as historias de misterio, acción e romance aínda que esta non ten nada de amor.
 


Sen comentarios