ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/06/13

O señor Ibrahim e as flores do Corán

Comentario de Antía Iglesias



O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
 
 
Comezo a ler o libro. Xa na primeira frase non podo evitar sobresaltarme. Chámame a atención con que soltura trata o tema da prostitución vinculada coa adolescencia dun rapaz  que parece agocharse da súa triste vida coas mulleres. Digo "triste", porque o abandono dunha nai e un irmán non debe de ser algo fácil de levar no teu día a día, e isto contando coa presenza do pai, aínda que para el parecía non estar.
Coñecer ao señor Ibrahim foi o que mellor lle puido suceder, aprendeu a desenvolverse en moitas situacións  e viaxaron xuntos, ata que o destino quixo que a vida do señor Ibrahim rematase. Así, foi como Momo volveu a atoparse coa súa nai e a retomar a súa relación tras longos anos sen verse.
Pensei que un libro tan curto non ía dar para moito, pero nunhas poucas follas esconden unha gran historia, e a verdade gustoume bastante!

Sen comentarios