Comentario de Ánxela Linares
O señor Ibrahim e as flores do Corán
Eric-Emmanuel Schmitt
Faktoría K
Pareceume un bonito libro que nos ensina algo moi importante, que é que a felicidade
está nas cousas máis simples, que só hai que buscala con ganas para atopala.
Reflicte moi ben a situación que sofren as persoas ás que lle falta o cariño
familiar, o cal é insustituible, e as cales despois non saben se despois de que
a familia non estivera con elas lle seguirán tendo cariño. Tamén aparece o tema
da relixión e da desconfianza cara á xente que non ten a mesma cultura ca nós
como se viu cando chegou o policía. Momo atopa no Señor Ibrahim todas as
carencias de compañía que tiña e do cal aprende moito xa que Ibrahim é coma un
libro aberto, coma o Corán.
Sen comentarios
Publicar un comentario