Comentario de Flor Agión
Arnoia, Arnoia
Xosé Luís Méndez Ferrín
Xerais
Conta a historia de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos, de
dezaseis anos, que desexa volver a súa terra natal, Arnoia, a súa casa pequena,
coa axuda do Libredón, que leva una estrela na man dereita e da lembranza dos
consellos de Mai Loretta, quen o axuda a realizar o seu soño. Non vai ser fácil,
xa que eles terán que afrontar con xigante Hannak, as fragas da selva de
Brocelandia e as minas dos Gou.
É una historia fantástca, que non me gustou moito, xa que ten
moitos nomes difíciles de ler, polo que dificultoume a súa lectura e fixo que
non fora una historia convincente. O seu final desconcertoume un pouco, ao
descubrir que só era un soño do protagonista, que esperta o día do seu
dezasete aniversario e descobre que el non é máis ca un neno que deixa atrás a
seu período de príncipe secreto.
Sen comentarios
Publicar un comentario