ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/06/13

Maus



 Comentario de Tamara Pereiras Villamayor


Maus
Art Spiegelman
Inrevés Ediciones



Antes de comezar a ler este libro, ao ver que era un cómic, pensei que sería divertido, pero cando comecei a lelo decateime de que é unha historia dunha das realidades máis tristes da historia.
Desde logo, este foi o mellor cómic que lin ata o de agora. Nel reflíctese o medo dos xudeus, e o dano que lles fixeron os alemáns.
É unha historia moi realista, contada dunha maneira  moi orixinal. Nel vemos unha fiel descrición da sociedade alemá da época, así como a historia da Segunda Guerra Mundial, protagonizada polo Holocausto.
O que máis me gustou do libro foi a representación con animais das distintas nacionalidades en relación á súa posición na guerra; por exemplo, os alemán son representados con gatos, e os xudeus con ratos, de maneira que os gatos “comen” os ratos, e os alemáns acaban cos xudeus.


Sen comentarios