ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/06/13

Fantasmas de luz

Comentario de Andrea Meijomín


Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais



Acabo de terminar de ler Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, e como non podía ser doutro xeito, encantoume. Gustoume moito a idea de engadir unha frase das películas das que fala Damián axeitada a cada momento, cousa que dá ganas de velas todas, e tamén axuda co cariño co que fala do cine e de todo ese mundo. É moi fácil de ler e non se fai nada pesado. Incorpora fantasía cando el e Marga se van volvendo invisibles ao el perder o seu traballo, e non me adoitan gustar ese tipo de libros, pero este foi a excepción.

Sen comentarios