ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/08

O neno do pixama a raias

Comentarios de Sara Vallo Munín

O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K



O libro gustoume moitísimo.

Ao principio confundía os nomes, ao estar cambiados. Pero cando o comprendín, gustoume moito. É, desde logo, un libro moi interesante. Amosa con precisión como lle ocultaban aos rapaces alemáns a situación do seu país. Creo que é algo inxusto, xa que son as futuras xeraciónsa as que padecen as consecuencias das guerras.
Este libro tamén fala da AMIZADE. De que non fai falta ser de ningunha clase para ser amigo de ninguén. Que a amizade non ten barreiras. Que a amizade non entende de razas, nin de cultura, nin de diñeiro... que amigos PARA TODA A VIDA son aqueles que te comprenden e te comparten.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ola, escribo dende a editorial Faktoría K, que publicou a tradución ao galego de "O neno do pixama a raias". Primeiro, para agradecer o post, e en segundo lugar, para convidarte á presentación da obra, que se vai celebrar mañá xoves ás 19:30 na FNAC da Coruña.
Saúdos,
comunicacion@faktoriakdelibros.com