ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/01/08

O diario vermello de Carlota

Comentarios de Noelia Rosende


O diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Editorial Galaxia



En xeral, o contido do libro non me sorprendeu demasiado. Pero supoño que é porque moitas das cousas e da información que nos dá, xa nolas deron o ano pasado nunha charla sobre sexualidade; de todos os xeitos, non está nada mal volver a informarse de temas que nos concernen directamente.
Penso que este libro está moi ben para resolver moitas das dúbidas sexuais que se poden ter. Pero sinceramente, a min as partes que máis me gustaron foron onde conta os líos e as sensacións que experimenta cos seus dous mozos (ou amigos?)
Tamén o que me pareceu interesante foi o claro exemplo dunha persoa que anda a dúas bandas, pero nunca me parara a pensar en qué pensa esa persoa nese momento. De todos os xeitos, creo que o que lle pasaba a Carlota lle pasa a moita xente porque, que valoramos máis, o físico ou o psíquico???
A miña opinión é que por moi boa que sexa unha persoa, se non te atrae fisicamente, non hai nada que facer porque non te vas sentir cómodo con el ou ela.

Sen comentarios