ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/10/07

Sabor a ti

Comentarios de Thalía Troitiño González.


Sabor a ti
Miguel Suárez Abel
Xerais


Capítulo 1

Sinto intriga por saber o que pasa no seguinte capítulo. Nesta móstrase un interese tanto por parte de Pili como pola de Xulio, unha certa atracción. Síntense atraídos mutuamente aínda que tentan ocultalo. É o comezo dunha historia de amor.

Capítulos 2,3,4,5

Estes personaxes amosan unha clara insatisfacción nas súas vidas. Tanto Pili como Xulio non saben que camiño seguir, non saben sequera como definir o que lles está a pasar. Viven atrapados nunha vida na que son infelices e só xuntos se senten como o que sería unha relación de nenos. Son conscientes do dano que poden facer ás súas respectivas familias se algo do seu se descobre.
Teño intriga por desvelar que ocorrerá entre eles.

Capítulo 6

Vexo que os personaxes están desesperados por estar xuntos, senten un forte desexo mutuo que os levo a tolear apaixoadamente. Tenen unha enerxía tan intensa que provoca riscos.

Capítulo 7 ao 12

Sinto tristura, compaixón, dor... polo final desta historia de amor. Creo entón que hai que aproveitar a vida, espremela ao máximo, porque en calquera momento éche arrebatada sen ter tempo a reaccionar. Creo que as cousas antes de facelas témolas que pensar pois un simple erro pódeche custar moito.
Nesta historia con final tráxico, móstrasenos que o amor é todo un mundo (ledicias, tristuras, ilusións...) que te eleva ao máis alto. Nunca se sabe de quen te podes chegar a namorar, nin as dificultades que acarrean.

Recomendo este libro pois é entretido, divertido, directo, expresivo... Amosa a historia de amor de dous profes dun instituto, que se senten atraídos desde o primeiro momento. A paixón é a dona das súas vidas, pero finalmente é o destino o que decide por eles.

Sen comentarios