ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/10/07

O código da Vinci



Libreta e comentarios de Susana Cumbraos

O Código da Vinci
Dan Brown
El Aleph




Sábado, 6 de outubro do 2007

"Sentíase como unha pantasma, transparente, flotando de porto a porto... Era como se a xente mirase a través del e non o vise"
A vida deste personaxe, Silas, prodúceme for e á vez temor. Tan só poñerme na súa pel sinto o odio cara a todas aquelas persoas descoñecidas que camiñan ao seu carón e non tardan en murmurar: "unha pantasma con ollos de demo" e miran estrañados a cor pálida da súa pel.
Podo comprender como o mundo en si se burla del polo sinxelo motivo de ser albino... Podo comprender o odio que sentía na súa alma cando vía ao seu pai biolóxico pergarlle á súa nai por culpa de ser albino... Podo comprender que nun ataque de ira matase ao seu pais, despois de ver cos seus ollos como a persoa que dera a vida xacía morta... En si, é moi doado comprender a frustración que sente este perturbado personaxe car ao mundo despois de ter unha infancia, unha adolescencia e unha madurez traumática e difusa sen saber o lugar que ocupa nesta inxusta vida.

"A falta de entendemento alimenta a desconfianza": unha frase que di moito.
Dáme rabia que Dan Brown queira manter nun misterio, de momento, o que pasou á noite na casa de Normandía do avó de Sophie... Intrígame saber que era o que adoraban e se acaso era tan espantoso para que Sophie sentise ganas de devolver todo aquilo que sentía revolverse no seu estómago, e tamén para que esta deixara de dirixirlle a palabra ao seu avó para sempre, xa que ao fin e ao cabo, era a única familia que lle quedaba.

Cada vez que maxino a Robert dando clase dáme a leve sensación de que como profesor debía ser moi bo... encontrei unha pasaxe onde el se atopaba dándolle clase ao alumnado e lles preguntou que era para eles o sexo; os alumnos homes contestaron rapidamente dicindo que só era un momento de pracer, ao que el contestou que "a próxima vez que estean cunha dona, busquen no seu corazón e pregúntense se son capaces de entender o sexo como un acto místico ou espiritual. Acepten o desafío de achar esa chispa divina que o home só pode alcanzar mediante a unión co sagrado feminino"; todas as alumnas lle aplaudiron.
Creo que ten razón; gustaríame converterme en personaxe deste libro para vivir e presenciar moitas das imaxes que se me forman na mente e me transportan a París dun xeito incrible...

Mércóres, 10 de outubro do 2007

Por fin puiden saber que era o que adoraban en segredo o Priorato de Sión aquela noite... a verdade é que non mo esperaba, xa que pensei que se trataba dalgo sagrado referido a Xesús.
Pero se eu fose Sophie procuraría falar co meu avó e que mo explicase.
Adoraban un acto sexual e agora estou intrigada por saber a ascendencia de Sophie... todo encaixa moi ben.

Non entendo a este home! Nun primeiro momento pensei que era un machista pola súa forma de dicirlle a Langdon que as mulleres non valían para ser policías e agora non podo comprender o repentino cambio cara a Sophie e a Robert. Ás veces dáme a impresión de que este home sabe demasiado, que el é "O Mestre", cousa que aínda se mantén na ignorancia.

Pobre Silas! Sen querer destrúese a el mesmo no preciso momento no lle disparou...
Este monxe é a miña personaxe favorita. A súa maneira de ver as cousas, o desprezo pola vida, o amor polas persoas que lle ofreceron comprensión, o arrepentimento e a mortificación que é capaz de sufrir polos seus propios erros, a maneira de agradecer...
Sen dúbido non é sinxelo. É o personaxe mellor creado, o máis intrigante e misterioso. Creo que é o personaxe no que o autor se centra para conseguir que este libro teña éxito, porque... que sería do libro sen un monxe tolo que corre dun lugar a outro coa pistola na man e martirizándose a si mesmo??? NADA

Acabei agora o libro e estou indignada... non me esperaba algo así. Gustoume... non moito. Gústame o misterio pero non como está escrito.
Para min o final é a parte do libro na que o autor pode deixar quedar a obra mellor ou peor, todo depende do final. Hai libros que nos defraudan e non nos satisfán polo simple feito de que non é como esperabamos ou mesmo como maxinaramos e quixeramos que fose.
Tiña tan boas referencias deste libro, que iso axudou en parte a que me defraudara.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Este foi o libro que máis enganchado me tivo á hora de lelo, de feito acabeino en dous ou tres días