ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/06/16

Mexillóns para cear


Comentario de Telmo García Castro


Mexillóns para cear
Birgit Vanderbeke
Rinoceronte





Nunca lera un libro coma este, onde unha voz narradora narra toda a historia cunhas oracións tan longas que un case parece quedar sin alento para ler; e ademais  todo seguido, sen estar dividido en capítulos, algo que ao principio me pareceu un pouco complexo. A primeira impresión cando ollei o libro antes de lelo foi un suspiro porque tanta letra seguida parecía que te ía comer, pero non é así cando empezas a lelo e a afacerte á este estilo de narración.  É como ler un fluído de pensamentos, algo así como estar conectado á rede cerebral da narradora e non é doado seguir a narración das ideas, pero o certo é que me gustou.

Esta pequeniña novela transcorre en apenas cinco horas mentras una familia tradicional alemá espera para cear polo pai que ven dunha viaxe de negocios. A narradora é a filla e ela narra dende a súa perspectiva como ve a familia. O que parecía unha familia feliz acabamos descubrindo que non é tal. O pai é un ditador, un home caprichoso, controlador,  que non fomenta a autoestima de ningún membro da familia senón  todo o contrario xa que sempre está a correxir e desanimar á muller e aos fillos. A nai vive sometida, o fillo menospreciado e a rapaza castigada polo seu carácter rebelde. A obra ten moita crítica á vida aparente que levan moitas familias, podres de rencores e para nada felices.


Gustoume o final cando toda a familia da por feito que o pai non vai volver (un accidente?) e síntense aliviados. Nese momento mostran os seus verdadeiros sentimentos, agochados ata entón nunha convivencia de aparencias. Tiran os mexillóns que todos odiaban ao lixo e que só comían porque ao pai lle gustaban e acaba a novela. Empezamos cos mexillóns e acabamos con eles... e cunha idea de familia nova.

Sen comentarios