ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Anxo Gil Figueiras



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



Este libro gustoume aínda máis que A memoria da choiva. Non me tivo toda a noite en vela, pero case. Aínda que me guste durmir, lendo este libro puiden botar horas ante a soidade e o silencio da noite, querendo saber que pasaba a continuación.
O personaxe de Xulio gustoume moito, porque a pesar de ser narcotraficante e de estar en contacto con Wessler, a el aínda lle importa a súa familia, porque cando se decata de que Wessler e os seus compinches mataron á súa nai el matou aos axudantes, aínda que acabou morto. Para o meu gusto, aínda que ten sentido a morte de Xulio, gustaríame que puidera haber sobrevivido para quedar con Mariña, que é outro personaxe que me gustou moito.
Gústame que introduza o pasado nas súas obras, porque en A memoria da choiva tamén introduciu elementos como o de Rosalía.
Gustaríame que o autor fixese máis libros, porque me encantaron ambos pola súa acción e intriga, e polos seus personaxes, que acaban facendo un oco no teu estante.
A relación entre Simón e Mariña pareceume fermosa, pero gustáronme máis Sofía e Aquiles como parella porque teñen unha relación de amor-odio, que me parece moito
máis entrañable, xa que ao final da historia acaban queréndose a pesar de que ao principio a profesora era unha borde.
O final da historia pareceume moi emocionante, con toda a persecución por aire e o tiroteo entre Xulio e Wessler e os outros axudantes.

Sen comentarios