ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



"Os fillos do mar" é unha novela negra escrita por Pedro Feijoo que nos fala dunha historia que lle ocorre a un mediocre arquitecto, chamado Simón Varela, ao ser contratado por unha señora da alta sociedade viguesa e descubrir un cofre pechado.
A partir de aquí comézase a desenrolar a historia. Case simultáneamente, ó descubir Simón o cofre, a señora que o contratara morre e no enterro coñece os fillos da falecida, Xulio e Mariña. Dende este punto o relato comeza a pasar por numerosas personaxes que están relacionadas. Simón reencóntrase con Bruno, un home catalán que coñecera nos seus tempos de estudante. Bruno anda detrás de Xulio, xa que sospeita de que sexa narcotraficante. Posteriormente aparecen personaxes como Jackob e Eneas que se coñeceran xusto antes da 2ª Guerra Mundial, aínda que os seus nomes verdadeiros eran Hugo e Daniel solo que os cambiaran para evitarse problemas. Jackob está algo vinculado con Mariña xa que coñecera ó seu pai cando era máis novo. E Eneas está vinculado con Simón xa que era irmán de León, o avó de Simón.
Como vemos nesta peza todas as personaxes están relacionadas xa sexan familiares, coñecidos ou incluso compañeiros e amigos. O libro presenta distintos tipos de narrador, dende o narrador omnisciente en 3ª persoa ata o narrador en 1ª persoa empregado en Simón e Mariña. Ademais empréganse flashback para contar o que pasou tempo atrás. A historia en si non é moi longa, pero cóntanse feitos de outras épocas.
A verdade e que nunca lera un libro tan longo, sempre fun de libros curtos, pero este enganchoume, aínda que o inicio da historia non me chamase moito a atención, e fíxoseme moi sinxelo de ler. Unha das cousas que máis me sorprendeu foi que o autor empregase un ton humorístico nunha novela negra, pero eso creo que foi un punto a favor. Ainda que creo que é un libro que necesitas ler con calma e non moi rápido xa que moitas veces pérdeste algún detalle importante, polo que recomendo esta peza a aquelas persoas que xa están algo acostumadas a lectura e que lles gustaría ler una boa historia.

Sen comentarios