ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Adrián Mato
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
 
 
 
A verdade é que non adoitaba ler libros que excedesen as 300 páxinas, e aínda menos se estes eran de novela negra, mais este libro foi distinto a todos os demais que lin, porque me atrapou na súa historia dende un comezo ata o punto de querer seguir lendo máis, sen poder determe, nin para beber auga. Resultoume fascinante toda a dificultade que ten que supor crear unha novela así, con tantas personaxes, tantos acontecementos históricos, cunha trama tan desenvolvida... Non podo imaxinar a cantidade de horas, de días e meses que o autor lle debeu dedicar a esta novela, para acadar,   sen dúbida, a novela que máis me aferrou as súas páxinas. Se teño que destacar algo da novela sería sen dúbida, os capítulos nos que o señor Neumann lle conta a Mariña e Simón, a historia de Rande, a súa propia, a do pai de Mariña ( Daniel e Eneas ) e a historia de Troia. Unha parte do relato que me pareceu extraordinaria foi a persecución por parte do enorme barco, capitaneado por Blanco, no que tamén ía Otto Wessler, a pequena planadora de Yago Ray, na que ían Mariña e Simón. Destaco sobre todo esa parte, pola descrición tan precisa que te fai sentir coma se ti tamén estiveses na persecución. Agradoume todo desta historia polo que non teño pega ningunha que lle por.
P.D.T: O único que me impresionou, foi que ao fin o asasino de dona Isabel non fose o maiordomo.

Sen comentarios