ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Francisco Rodríguez
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Este foi o primeiro libro que lin de Pedro Feijoo e debo admitir que nun primeiro vistazo o abundante número de páxinas deste libro pareceume un muro difícil de derrubar. Pero boteime a ler e as primeiras páxinas si que me engancharon bastante, sobre todo coa temperá morte de Dona Isabel, que eu pensaba que ía ser unha das protagonistas activas desta novela, pero tras a morte non perdeu o rango de protagonista pero si o de activa, intercambiándoo polo que eu chamaría protagonista de arrastre xa que a partir dela xorden numerosos dos feitos principais da historia.
Foi a partires da páxina 50 ou por aí, cando me despeguei totalmente do libro e non puiden retornar, xa que impedíamo a barreira do aburrimento. Esta barreira penso que era o que xusto quería evitar Pedro Feijoo segundo o que dixo cando nos visitou no instituto, cunha linguaxe moi sinxela e asimilable para todas as persoas pero eu creo que o único que conseguiu con ese tipo de linguaxe foi non darlle traballo ningun ó cerebro sobre os posibles siginificados de certas frases; isto arranxaríase cunha mestura entre unha linguaxe tan simple coma esta e destellos doutra con frases que fagan exercitar ó cerebro en pensar que é o que autor pretende que o lector entenda, unha cousa que, aínda que antes pensaba que era unha cousa que sobraba nos libros agora paréceme que é un recurso imprescindible en calquera tipo de novela.
Outra feito que non me gustou moito é que penso que hai unha excesiva descrición xa que ó mellor un feito que se conta en dúas páxina nesta novela esténdese ata 20, o que, polo menos a min, dificúltame bastante a lectura, esta 
redución sería un feito que axudaría totalmente á lectura deste libro.Tamén un feito agridulce foi a referencia que fai a aspectos pasados coma a Segunda Guerra Mundial, a Batalla de Rande,a Guerra Civil.... Este é un feito doce porque axúdache a coñecer un pouquiño máis estes momentos históricos xa que fai unha gran referencia a eles, e agre porque penso que algúns non teñen gran relevancia no conxunto da trama polo que se poderían suprimir, o que axudaría á concentración total na trama principal.
Por outra parte gustoume como Pedro consegue entrelazar perfectamente as escenas sentimentais e de amor como a "relación", descuberta ao final, entre o arquitecto Simón e a filla de Dona Isabel, Mariña, con feitos totalmente de acción coma a persecución que se produce por parte de Otto aos xa citados Simón e Mariña pola Ría da Vigo. Este entrelazado é un feito que me parece moi difícil de conseguir nun libro de novela negra coma este pero que Pedro  faino á perfección.
Tamén me gustou o feito de que toda a novela transcorre nunha terra veciña como é a terra de Vigo e que fai referencia a diferentes lugares como a Illa de Ons, a Ria de Vigo, A Ponte de Rande e moitos máis, e o feito de que a novela estea completamente chea de acción, e que, aínda que estea representada cunha excesiva descrición, gustame a súa presenza nun libro deste tipo, como a gran acción que hai na parte na que Daniel descubre as intencións nazis do capitán do barco " arqueolóxico" Herr Wessler e cando, posteriormente prodúcese a explosión do barco citado.
O final tamén me pareceu un pouco frouxo pese a resolver o misterio do ouro agochado e a consolidar o amor entre Simón e Mariña.
En definitiva, un libro con bastante defectos e algúns acertos que, deixando a un lado o número de páxinas, polo seu contido conxunto custaríame volver a lelo.

1 comentario:

Noelia Blanco Pájaro dixo...

s fillos do mar, de Pedro Feijoo, é unha gran novela, non só pola súa extensión, se non tamén polo contido.
Xa nos advertira Pedro Feijoo que era un pouco grande cando nos fixo unha pequena visita ó noso IES, e ben é certo que cando fun mercalo me asustou, porque non son moito de historias de novela negra e pensei que me ía custar moito lelo. Pero ese pequeno susto vaise esfumando cando lle metes as primeiras dentadas e che gosta, xa que é un libro que engancha moito e é moi sinxelo de ler. Podo dicir que o lin antes que outros a metade de curtos.
Gustoume do libro a gran descripción que fai o autor de certos lugares vigueses que non cheguei a coñecer e que me deixa coas ganas, xa que é por esa zona onde se desenvolve a trama. Tamén dá gusto ler o libro e ter esa sensación que ten que ter Pedro Feijoo despois de todo o traballo que se nota que exerceu sobre o libro, informándose de investigacións, de cando os alemáns estaban en Vigo, do que pasou na Illa de Ons,...
A historia que máis me chamou a atención foi a de Mariña e Simón, xa que foi un fin moi pouco esperado para min, porque dun libro de investigación e intriga como é este nunca me esperaría unha historia de amor.
Podo dicir que é un libro fantástico, aínda que eu non sexa deste estilo de libros, este ten algo especial.