ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/01/16

A noite enriba

 Comentario de David González Sampayo


A noite enriba
Diego Ameixeiras



Con este libro, "A noite enriba", podo confirmar que me inicio no xénero da novela negra, o cal me gusta moito, grazas aos seus temas relacionados coa acción, coma o tráfico de drogas, as persecucións e as investigación de policías, os asasinatos, etc. 
Este libro, en xeral, gustoume, pero houbo algunhas partes da historia que non me gustaron, como os momentos nos que o autor fala da vida de David Goodis. Algúns dos aspectos que máis me gustaron do libro foron os saltos no tempo e no espazo que se fan ao longo de todos os capítulos desta obra, esta técnica literaria que emprega o autor gustoume moito, ademais da detallada descrición dos lugares e dos personaxes. Por outra banda, gustaríame que o autor relacionara mellor os instantes nos que fala das rúas de Ourense e no seguinte capítulo, a acción transcorre en bares e rúas de Filadelfia; nesos momentos, na miña opinión a trama non estaba o suficientemente relacionada e algúns capítulos da historia tiven que relelos, para lembralos. Anteriormente dixen que os momentos nos que se fala de David Goodis, me pareceron demasiado aburridos, pero tamén debo dicir que me serviron para coñecer algo da vida deste autor.

Nesta historia algo que me chamou moito a atención, é que segundo vas lendo, daste conta de que os personaxes están moi relacionados e, ademais, outro feito que me intrigou moito desta novela, foi que unha persoa mataba a outra e logo chegaba outro individuo e mataba a este asasino, e así sucesivamente. É dicir, todos os asasinatos se producían en cadea e gardaban unha relación coma a dos personaxes.

O título pareceume moi axeitado e está moi relacionado coa acción da novela, xa que todas as accións e asasinatos que forman a historia deste libro, ocorren durante noite, o que lle dá un toque de misterio e emoción á novela.

O final da historia, foi sen dúbida ningunha a miña parte preferida de toda a novela, debido a que me pareceu moi interesante, intrigante e sorprendente. Esta parte da narración sorprendeume moito, xa que non me esperaba que o "Caimán", que é un ladrón ao que meten no cárcere, onde mata a un policía e se mete en moitas pelexas, sexa o pseudónimo co que un autor firma unha obra na que conta a vida do "Caimán".

Sen comentarios