ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/11/15

Un animal chamado néboa

Comentario de Carla González Silva


Un animal chamado néboa
Ledicia Costas
Xerais
 
 
 
En primeiro lugar dar as grazas a miña profesora por recomendarme este libro tan excelente.  
 
Un animal chamado néboa da escritora Ledicia Costas é un libro que traspasa as fronteiras e resalta nun mesmo unha chea de emocións e sentimentos. Debo dicir que é o primeiro libro que fai brotar de min as bágoas e iso é algo que me sorprendeu.

Este libro está baseado na Segunda Mundial e o dominio nazi, nel relátanse varias historias de diversas familias durante anos. Sentín moita impotencia unha
vez penetrada nas historias pero sobre todo moita dor.
Nunca imaxinei que no mundo poida haber persoas tan malvadas e ao mesmo tempo crueis con outro tipo de xente. Neste libro as persoas tratan de sobrevivir
e de saír adiante.

Debo destacar que ou capítulo que me chegou moi ao fondo do corazón foi ou de `un animal chamado néboa´ non polo feito de ter o mesmo nome que o título do libro senón porque nel fálase do maltrato cara ás mulleres e como eran sometidas a diversas accións repelentes.

Para rematar, debo dicir que Ledicia nesta ocasión tivo que facer un grande esforzo para poder relatar todas as historias que acontecen.
Recomendo moito este libro para que a xente sinta algo especial.
 

1 comentario:

KAtia Pereira dixo...

Este libro de Ledicia Costas encantoume. Xa lera máis libros dela que me gustaran moito e este non foi menos.
A lectura de “Un animal chamado néboa” resulta, polo contido, desconsoladora, de cando en vez tiña que apartar os ollos das páxinas do libro para coller aire e non asfixiar. Sei que son relatos de ficción, pero tamén sei que o fondo de todas as historias foron absolutamente reais, que a crueldade reflectida nestes contos foi real, que as torturas e violacións foron reais, que os asasinatos foron reais … E por iso, a lectura deste libro resulta indispensable para manter na memoria, para non esquecer.