ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/11/15

Maís alá!


Comentario de Xosé Manuel Fernández


Maís alá!
Inacio
Demo




"Máis alá" é a terceira entrega da colección de Castelao, nesta peza, como ben di o seu título, o autor pretende chegar un pouco máis lonxe das súas capacidades e preséntaselle unha oportunidade para viaxar por Europa no 1921. Nesta viaxe vai recollendo as súas experiencias nun diario. Cando regresa a Galicia decide facer un artigo sobre esta viaxe pero só de cando estivo en París.
Gustoume moito como se empregou de excusa os percorridos por museos e exposicións de París simplemente para coñecer algo mellor a Castelao e a súa forma de xulgar as artes coa aparición da vangarda. Numerosas obras que se nos presentan dende a perspectiva de alguén que ten unha mente aberta e crítica.
Pero sobre todo o que máis me gustou foi que simplemente nos representasen esta marabillosa viaxe en forma de cómic. Eu son moi fanático deles, e nunca imaxinei que fósemos ler un libro deste estilo. As viñetas que tiña sorprendéronme e causáronme certa gracia (como a escena na que o personaxe estaba no medio do camiño cando pasaban varios coches). A verdade é que este libro, entre os catro que había para elixir, collino porque o título me chamou moito a atención e penso que quedou moi claro porque recibe ese nome.
Recomendo esta peza a case todo tipo de público xa que penso que se non es moi afeccionado a lectura, comezar por ler un cómic non estaría mal. E se xa eres afeccionado estou seguro de que esta obra non che disgustará, ademais de que é moi sinxela de entender e de ler, case non che quitará tempo.

Sen comentarios