Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro
Xerais
O libro en si gustoume, pero houbo palabras que non entendía ben, saquei o seu significado polo contexto. Pareceume un libro un pouco triste, pois fala da guerra, como é o caso de poemas como Espranza, pois di que van a erguer a esperanza sobre a terra escura; nel a coclusión que saquei é que na terra na que había guerra a esperanza de obter a paz ía erguerse sobre a violencia.
Tamén en A sombra fala da guerra, pois o autor di que busca unha patria sen sangue e non a atopa. Gustáronme especialmente poemas como Prometeo encadeado, onde dous homes conversan debido a que un lle pregunta ao outro se coñece o camiño a un lugar que, segundo o meu criterio, debe ser un lugar onde non haxa morte; e o home lle responde que se o soubera non quedaría na cidade na que se atopaba, onde hai calabozos con cadeas.
Tamén Son un pasmón me gustou, porque dá unha crítica á cobiza burguesa porque afirma que o pan se garda nunha artesa, mentres que a xente dos pobos e cidades pasa fame.
Sen comentarios
Publicar un comentario