Comentario de Carla González Silva
Millo verde
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
Millo Verde do escritor Xosé
Fernández Ferreiro é un libro que relata unha historia totalmente real.
Nesta ocasión o profesor
Ortiz Cancela é xulgado pola suposta violación dunha das súas alumnas e iso dende
un primeiro momento chamoume moito a atención xa que as violacións son un tema
que ocorren a miúdo na vida real.
Unha vez que comecei a ler a
historia é como si estivese dentro dela porque estaba a imaxinar todo o
acontecido; o momento en que chegan os axentes locais polo profesor, á hora na
que todos comentan o ocorrido ...
Debo destacar que quizais a
historia que transcorre pola metade do libro ata que fala do xuízo faise algo
aborrecida pero ao mesmo tempo engancha xa que sempre tes a curiosidade ata
rematar o libro.
Por outra banda tamén dicir
que o diálogo que manteñen o profesor e o seu pai pareceume moi conmovedor e
tamén me gustou moito todo o que ocorre polo Nadal, xa que é unha data moi
sinalada e o profesor Ortiz Cancela atópase nunha situación de gran
nerviosismo.
O que máis me sorprendeu foi
o final da historia porque non me esperaba nada do que acontece.
Recomendo este libro a todas
aquelas persoas que lle guste a intriga ata o final da historia, é un libro
marabilloso.
Sen comentarios
Publicar un comentario