ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais

“Madonna e outros contos de inverno” componse de oito historias que transcorren no inverno, concretamente no Nadal,  e narradas dunha forma poética, cunha gran cantidade de metáforas. Abondan os temas do amor, a emigración, e a tristura.
A primeira conto, “O namorado de María”, narra como o seu protagonista, Martín, marcha a América a traballar e cando volve, volve ver a Chefa, a muller da que sempre estivo namorado aínda que ela casara. Martín vai participar nunca representación teatral, dirixida por Chefa, pero por uns acontecementos, non puido rematar.
No segundo, “Okay”, un mariñeiro do barco Begonia conta o que viviu el antes do afundimento do barco. O protagonista móstrase indignado ante o patrón, que non o deixaba en paz, e por como se lle bota a culpa ao feito de prender lume a uns papeis, aos que lles dera forma de Belén, e que isto fora o comezo do afundimento.
O terceiro, “Madonna”, trata dun rapaz que vive no campo, nunha aldea. Este conta a forma de ver as vacas das persoas e como ve os números negativos nos demais, é dicir, compara os números negativos coas débedas ou a falta de animais para ter un bo negocio.
“O amor das sombras” conta a historia dun home que volve á súa aldea, e encóntrase coa muller que ama. El vai co seu can e unha guitarra ata a casa de Lorena, onde unha veciña déixaos pasar polo mal tempo. Por unhas circunstancias, vaise a luz en toda a cidade e o protagonista consegue volver ver a súa amada.
“O carteiro de Papá Noel” trata dun home que intenta escapar do capo chamado Cempés, traballando coma carteiro de Papá Noel. Pero mentres está a traballar, entréganlle unha carta do capo no que lle pide o que debe. O protagonista escapa pero non se saberá ata o final se o consegue ou non.
No “Partido de Reis” cóntase a historia dun partido de fútbol que, o equipo do narrador, conseguiu gañar grazas a un rapaz do que ninguén esperaba nada pola súa enfermidade.
“A chegada de Ingrid” trata da volta a casa dun pai, dende o punto de vista da súa filla, e Ingrid é a boneca que lle regala e a que lle dá nome ao conto.
Pareceume un libro entretido pero complicado de ler pola cantidade de metáforas e comparacións que fai o autor.

2 comentarios:

FRANCISCO JAVIER RIVAS SANTOMÉ. dixo...

Foi un libro que me resultou moi rápido de ler, ameno e entretido.
Cada conto contén unha historia diferente; é dicir, unha variedade temática como: O inverno, o Nadal, o amor, a amizade, as crenzas, as drogas, a emigración, a tristura... etc.
Todas as historias poderían ser aplicadas á nosa vida real ou á dos demais; vendo ás veces erros que cometemos.
O conto que máis me gustou foi: ´´ O amor das sombras ``, que fala de todo o que soe acontecer no Nadal: Comidas, preparativos, cantigas, reunións familiares, datas ás veces inesquecibles... etc.

Jorge Gonzalez dixo...

Tan pronto como lin o título deste libro, "Madonna e outros contos de Inverno", e vin que tan só tiña cen páxinas, pensei que me sería sinxelo de ler, pero a verdade é que algúns contos tiñan a súa trama un poco escondida no relato.

Os contos que máis me gustaron foron "O partido de Reis", "O carteiro de Papa Noel" e mais "A barra de pan". Todos os contos estaban relacionados entre si mediante o Nadal e o Inverno, estes trataban asuntos como a emigración, a discriminación por algunha enfermidade, as drogas, a pobreza, a fame, etc.

Penso que o autor deste libro quixo transmitir aos lectores a sensación de vivir o nadal na pel doutras persoas.

En conclusión, este libro gustoume moito, aínda que nalgúns relatos era difícil sacarlle o significado que o autor quixo darlle a historia.