ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Vanesa Lalín Pousa

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais


A primeira impresión que me causou o libro foi: Un libro con tan poucas páxinas, pode ter tantos contos dentro?
Empecei a ler e parecíame que ía moi rápido, xa que cada conto era curto e fácil de entender, chegando ao seu fin con moita facilidade, así en pouco máis dunha hora xa o tiña lido. 
Foi tan rápido que ao rematar púxenme a pensar sobre cada un dos relatos chegando a conclusión de que todos eles tiñan moitas cousas en común, as máis rechamantes eran o inverno e concretamente a época do nadal, xa que todos os relatos tiñan algunha alusión a esta época do ano, que me produciron nostalxia, ata tristeza, non sei moi ben se foi polas propias historias ou pola época en si.
Pero ao longo dos contos tamén se tratan temas moi diferentes xa que vai dende o amor, a amizade, a traizón, pasando pola emigración , as drogas, as crenzas políticas... pero en cada relato é coma se o autor nos quixese transmitir algo, ou polo menos facernos pensar sobre certos actos que poden ter unas consecuencias na nosa vida e concretamente na dos personaxes dos contos, que poderiamos ser calquera de nós .
En resumo, pareceume un libro fácil de entender, onde nos dá pé a que con cada conto poidamos quitar un proveito para axudarnos a comprender mellor a vida dos demais ou a nosa propia.

1 comentario:

Lucía Louzao dixo...

Opino que aínda que o libro está ben redactado ten unha linguaxe difícil de comprender. As historias resultáronme un pouco tediosas aínda que hai algunha que me resultou entretida. As historias están ben construídas pero o autor obríganos a supoñer actos ou feitos para poder entender ou comprender a historia.