ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/06/15

Siddhartha

Comentario de Francisco Rodríguez


Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia
 
 
Siddhartha, un libro a priori non feito para un neno da miña idade e que ía devolver á biblioteca sen acabar de ler. Pero non foi así, pouco a pouco Hermann Hesse foi atraendo a miña atención, cousa que non esperaba por ser un libro orientado ó mundo espiritual, e pouco a pouco conseguiu que me fose identificando coa forma de pensar e actuar de Siddhartha ata que de repente recibía un golpazo nalgún acto seu que para nada esperaba, como é a sua entrega ós vicios do ser humano, e que interrompe o meu enlaze co protagonista.
Por outra parte foi un dos libros onde, a pesar da abundancia de metáforas e pensamentos, conseguín entendelo á perfección, o que facilitou a lectura deste libro e que  tamén me fixo pensar en que o destino ás veces non ten razón, xa que aínda que se empeñaba en xuntar a Govinda e a Siddhartha finalmente cada un tiña un camiño que percorrer para conseguir os seus propósitos.
Persoalmente o personaxe que máis me gustou foi o de Vasudeva pois é das persoas que con só ler algunhas páxinas sobre el, entran unhas gañas enormes de estar con el para poder aprender aínda que sexa só un pouco da súa enormísima sabedoría. Tamén destaca a aparición, como ocorre na vida mesma, dun personaxe que podes pensar que te leva por mal camiño pero que cando te afastaches del por pensar que non era o correcto o que estabas a facer, daste conta que un necesitaba facer esas cousa que vías tan mal, este personaxe penso que pode ser a preciosa Kamala. 
En definitiva, un libro que vovería ler e que a calquera o pode facer reflexionar moito.

Sen comentarios