ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/06/15

Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?

Comentario de Cristina Costela Seara


Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
Rosa Aneiros

Xerais



            Esta triloxía encantoume, móstranos a valentía de Leo, cando os seus amigos a deixan tirada, ela non tira a toalla e decide perseguir o seu soño. Durante a viaxe coñece a persoas que a deixaran marcada para sempre, namorase, sente morriña, emocionase e nalgún momento incluso estivo a punto de abandonar e volver para a casa, pero sempre atopou algún motivo para seguir. Penso que era rabia  e non lle quería dar o gusto aos seus amigos de ver como ela tamén renunciaba aos seus soños.
            Estes libros fante viaxar con Leo por todo o mundo, sen moverte do sofá.
            A conclusión que saquei deste libro é que se tes un soño debes perseguilo e cumprilo, que non se debe tirar a toalla e que viaxar é un hobby moi entretido. Leo sempre dicía que a ela unha cidade non lle gustaba só polos monumentos ou lugares emblemáticos, senón, polos sentimentos que lle transmitía.
            O final sorprendeume moitísimo, nunca pensei que fora esa persoa a que estaba detrás desa mensaxe.
            Un libro que merece a pena ler.
 

Sen comentarios