ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/06/15

O neno do pixama a raias

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


O neno do pixama a raias
Jhon Boyne

Faktoría K
 
 

O libro remóntase a tempos de Hitler cando os alemáns reprimían aos xudeus en campos de concentración por razóns ideolóxicas. A situación que se da no libro céntrase en dous rapaces, un era xudeu (Shmuel) e outro alemán(Bruno) , fillo dun xeneral. Razóns demais para que eles non se puidesen relacionar. Os rapaces fanse amigos, e o alemán procura ir ver sempre ó xudeu comunicándose a través da verxa. Pero cando a Bruno lle comunican que terán que regresar a Berlín, este ponse moi triste e decide ir ver ao xudeu para despedirse por última vez.
Non quero desvelar máis cousas do libro, esta introdución escribina para que vos fagades un pouco a idea de como é. 
Penso que esta peza para ser lida e comprendida tes que adentrarte na era de Hitler e facerte un pouco á idea de como era todo nese tempo.
É un libro que me costou ler e que me pareceu moi triste, xa que penso que é un tema moi forte e que ningén quere saber nada del como é a guerra .  A obra ilustra moi ben como era aquela época tan dura para os xudeus. Durante o transcurso da historia pensei que todo sairía ben, pero xa vexo que non todos os finais son felices.
E para concluír gustaríame recomendar este libro a aquela xente que lle interesa este tipo de temas ou as persoas que queren ler unha boa historia aínda que o final non sexa como todos queremos que sexa.
 

Sen comentarios