ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

25/05/15

O portal dos elfos

Comentario de Mario Silva Canda


O portal dos elfos
Herbie Brennan
Xerais





Foi un libro  que me gustou bastante, pola súa gran combinación dun mundo cunha metade mitolóxica e  outra tecnolóxica, con demos, elfos da luz, elfos da noite, cheo dunha maxia negra e prohibida que poucos coñecen, tamén temos que existen portais ao noso mundo dende o seu e viceversa, podendo así comunicarnos .
O personaxe co que máis me identifico deste libro sería Pyrgus Malve, un dos nosos protagonistas, polo xeral é un rapaz que quere evitar o seu destino de converterse no emperador do reino do elfos. No que máis me parezo a el é que eu sempre son fiel aos meus amigos ata a fin,  en que xamais deixaría a un amigo atrás como demostra el no libro, tamén compartimos que ambos os dous temos un gran aprezo polos animais  e un sentido limpo e claro da xustiza .
Na miña  opinón persoal este libro é un dos mellores que lin ata o momento e doulle unha nota de 9.25 sobre dez.

Sen comentarios