ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/04/15

O can dos Baskerville

Comentario de Miguel Oro Vence


O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
Xerais




Investígase a morte de Sir Charles. Unha vez mais a maldición cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can. O elemento central da historia presenta características interesantes porque ao feito criminal ven sumárselle unha maldición, unha lenda familiar que envolve todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción vai levando un a un a explicación gradual dos feitos, ata que ao final acaba cunha explicación lóxica do crime.
A novela está narrada a modo de diario polo doutor Watson que vai recompilando todos os avances que ocorren na investigación  e ten dúas cartas que lle manda ao seu compañeiro que está informado de todo.
A novela desenvólvese a principios do século XIX en Londres, ten outro toque tenebroso. Aínda que non exiliaran descricións nin demasiadas explicacións ás situacións alleas vese que hai características propias dese momento.
O estilo sinxelo é directo pero cunha linguaxe formal.

Sen comentarios