ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/03/15

Poetizándonos (IV)




David González Sampayo:


O poema máis divertido de todo o libro foi "O Rei tiña unha filla", de Ramón Cabanillas, porque fala da astucia que ten un home que ama á filla do rei, para quedarse coa súa filla. neste poema aprendes que o poder non ten relación coa intelixencia. Este poema foi o que máis me fixo rir.

O poema máis atrevido de todo o libro foi "Xogo ruín", de Luís Pimentel, porque nel o autor bótalle en cara aos fascistas que só saben crear e reclutar rapaces sen sentimentos e maldade a flor de pel, o que ven durante toda a súa infancia. Tamén é algo triste, pero desde o meu punto de vista, predomina o atrevemento polos motivos que enumerei anteriormente.

O poema máis sorprendente de todo o libro foi "Excelsior", de Manuel Antonio, porque nunca vira un poema coma este. Para empezar cando o vin a primeira vista crin que era un compás no que en vez de norte e sur, aparece como se di eu son en diferentes idiomas. Pareceume o máis sorprendente, sobre todo, porque case todos estamos acostumados a un poema de x versos con rimas consoante e asoante, pero este rompe as normas, aparte de sorprendente, moi orixinal.

O poema máis sentimental de todo o libro foi "Nai", de Xohana Torres,  porque narra a sensación de perder a un ser querido tan cdercano e importante, como é unha nai. Creo que este é o poema que che pon a pel de galiña e che pon os sentimentos a flor de pel.

O poema máis misterioso de todo o libro foi "A noite é necesaria", de X. Mª Díaz Castro, porque transmite as sensacións de medo, intriga e misterio que a noite implica. O autor quere transmitir os perigos da noite, combinándoos coas súas cousas boas. O autro di que a noite é necesaria para que un poida ver o medo e o mal dela, pero tamén o arder das estrelas.

O poema máis erótico de todo o libro foi "Cerámica", de Lupe Gómez, porque a pesar de que tan só ten dous versos, ela transmite e expresa perfectamente a "importancia" que poden chegar a ter os dedos e as mans á hora de practicar o sexo ou manter relacións sexuais.

O poema máis amoroso de todo o libro foi "Power Racing Love", de Carlos Negro, porque mediante unha pasión expresa un amor. É dicir, o autor, un amante do motor, expresa o forte amor que sinte cara unha rapaza por medio de palabras propias duntaller de mecánicos, como se estivese personificando un coche.

O poema máis triste de todo o libro foi "Véndese nación", de Carlos Solla, porque fai referencia á perda das costumes galegas. Neste poema a terra galega desvalorízase, é dicir, neste poema faise ver que Galicia (as súas zonas rurais) son regaladas porque a xente emigra cara a cidade e nadie se lembra destas zonas patrióticas.

O poema máis alegre de todo o libro foi "E se o meu amor fose excesivo", de David Rodríguez, porque nel o autor ironiza con que ses se quere de máis a unha persoa, hai que partirse á metade, para querer o xusto. Cando lin este poema rinme porque me gustou a forma de sarcasmo que emprega o autor e creo que se alguén está pasando por un mal momento e le este poema, vaise olvidar dese proble durante un tempo.

O poema máis rítmico de todo o libro foi "Xan", de Rosalía de Castro, porque a súa autora combina moi ben as rimas e este poema léndoo como o leas sempre vai ter un chico de musicalidade e ritmo; e se lle engadimos música xa non falemos.

Jose Castro Rozas:

            O poema máis divertido foi o de Eduardo Pondal chamado “Cando Eduardo Pondal” xa que me pareceu realmente gracioso a maneira de aceptarse a si mesmo incluso con cousas das que os demais non gustan.
            O poema máis atrevido foi o de “Cerámica” de Lupe Gómez xa que a pesar de utilizar poucas palabras fala de temas que non me esperaba nun libro deste tipo.
            O poema máis sorprendente foi “O puñal de dúas follas” de Ramón Cabanillas xa que me causou sorpresa o seu xeito de pensar no tráxico fin da relación coa sua namorada.
            O poema máis sentimental foi  “Non coidarei xa os rosales” de Rosalía de Castro xa que me parece un xeito curioso de mostrar a súa  dor..
            O poema máis misterioso foi para min o de “Voz sen verbas” de Antonio García Teijeiro porque dun xeito misterioso e poucas palabras deixoume na mente con diversos pensamentos.
            O poema máis erótico foi “Tócome” de Rosalía Fernández Rial xa que recorda e explica as sencsacións que sentía cando mantiña relacións.
            O poema máis amoroso na miña opinión foi o de David Rodríguez chamado “E se o meu amor fose excesivo” porque fala da posibilidade de dividirse polo amor.
            O poema máis triste foi “Autopsia” de Carlos Negro xa que me fai reflexionar sobre a triste adiccción da xente as drogas que, por desgraza, moitas veces salpican a quen non ten nada que ver.
            O poema máis rítmico foi “Corrente circular” de Gonzalo Navaza porque  me gusta a rima que establece entre os versos á vez que mantén a profundidade do poema.
            Os poemas  que máis me gustaron foron en xeral os de Raúl Gómez Pato chamados “Quérote como…” así como o de “Cando Eduardo Pondal” do propio Eduardo Pondal porque me pareceron realmente graciosos, algo que non esperaba destes poemas.
            Non recordo ningún poema que me disgustara especialmente a pesar de que en principio esperábame menos deste libro polo simple feito de ser poesía e porque non me parecera de moito mérito facer unha recopilación, para min o mérito estaba en realizalos pero despois deste libro doume conta de que estaba bastante equivocado. De todos xeitos un dos poemas que menos me gustoju foi “Porque a Cidade é Pedra” de Salvador García-Bodaño xa que non me transmite nada especial.
            Por outra parte un dos versos que máis me gustou foi: “amada, soño teas no algodón dos teus ollos” porque me gustou a maneira que utilizou para transmitir o seu namoramento. Tamén me gustou o verso “teño por norma non pisar o chan” xa que me parece bastante motivador.

Laura Mariño: 

1.1. O poema máis divertido de todo o libro foi “O preguntón” de Celso Emilio Ferreiro, porque se pode aplicar tanto na época do poeta coma na época actual, hai moito sabichón e moi pouco quen conte as cousas.
1.2. O poema máis atrevido de todo o libro foi “Dos celtas antigos” de Eduardo Pondal, porque é un canto a patria e a liberdade dun pobo.
1.3. O poema máis sorprendente de todo o libro foi “Marihuana” de Manolo Rivas, porque converte en poema algo tan básico como cultivar marihuana.
1.4. O poema máis sentimental de todo o libro foi “Cunetas” de Luís Pimentel, porque esperta o recordo dunha época non moi afastada, na que se mataba por defender ideas, ou simplemente por estar no lugar equivocado.
1.5. O poema máis misterioso de todo o libro foi “Follow me” de Antón Reixa, porque non conseguín entender o que quere expresar, aínda que o podo imaxinar, non é doado entendelo.
1.6. O poema máis erótico de todo o libro foi “Regrésame do medio das ruínas” de Ana Romaní, porque relata unha escena de paixón.
1.7. O poema máis amoroso de todo o libro foi “Xaneiro 1972, II” de  Celso Emilio Ferreiro, porque non se pode expresar mellor o amor por alguén.
1.8. O poema máis triste de todo o libro foi “Nai” de Xohana Torres, porque o recordo a unha nai debe ser o máis triste que debe sentir unha persoa
1.9. O poema máis alegre de todo o libro foi “O lóxico” de Celso Emilio Ferreiro, porque é unha gran verdade o que nos di o poema.
1.10. O poema máis rítmico de todo o libro foi “Ermo” de Eduardo Blanco Amor, porque presenta rima consonante, que persoalmente é a que máis me gusta, xa que non é fácil que un poema teña sentido e o mesmo tempo rime tan ben.

O poema que máis me gustou foi “Deitado frente ao mar..” de Celso Emilio Ferreiro, porque xa o lera antes e é coma un lema para min, non se me ocorre mellor forma de describir o sentimento cara Galiza, que o xeito en que o fai Celso Emilio Ferreiro. Este poema esperta en min sentimentos moi profundos cara a miña terra e cara a miña lingua. Cando leo este poema, síntome identificada co autor e alégrame compartir con el o amor pola miña terra tantos anos despois.
O poema que menos me gustou foi “Escelsior” de Manuel Antonio, porque non ten sentido para min, posto que me gusta ler os poemas de xeito tradicional, con versos en liña. De todos xeitos, gústame que apareza a mesma frase en galego, en inglés, en francés e en latín, as linguas máis importantes


Miguel González  Taboada :

O poema máis divertido de todo o libro  foi: Cando Eduardo Pondal (páxina 21. Autor: Eduardo Pondal) porque gustoume moito a súa maneira de dicir que ten un nariz inmenso e ademáis o poema esta refirido a si mesmo.
O poema máis atrevido de todo o libro  foi: Deitado frente ao mar (páxina  58. Autor: Celso Emilio Ferreiro) porque a pesar de estar nun momento duro para Galicia expreou as súas opinións que non eran as xeralizadas do momento.
O poema máis sorprendente de todo o libro foi: Nocelos (páxina 190.Autor:Antía Otero) porque non me esperaba aparición de cultura extranjera,en este caso Exipcia nun poema dun autor galego .
O poema máis sentimental de todo o libro foi: Digo Viet Nam e basta ( paxina 60. Autor: Celso Emilio Ferreiro ) porque trata sobre una guerra moi cruenta de maneira subxetiba e falando das armas d fame da desolación ocurrida nesa masacre.
O poema máis misterioso de todo o libro foi: Escelsior (paxina 39.Autor: Manuel Antonio.) porque di: eu son en catro idiomas diferentes colocándoos coma se fosen os puntos cardinais. Para min e un poema misterioso porque non entendo de que trata.
O poema máis erótico de todo o libro foi: xaludes (páxina 180. Autor: Olga Novo) porque no seu poema fai referencias eróticas a onde tiña presente o Courel.
O poema máis amoroso de todo o libro foi: Esta será na morte ( páxina 180.Autor: Olga Novo) porque neste poema ela di que lle gustaría ser un gato prara ver ao seu amado sete veces.
O poema máis triste de todo o libro foi: ós mozos (páxina 24.Autor:Manuel Curros Henríquez) porque fala dunha realidade xeneralizada en Galicia: o abandono dos pobos
O poema máis alegre de todo o libro foi: Cabelo-arboreda (paxina 88.Autor:Bernandino Graña) porque fala nun ton alegre do pelo dunha amiga que lle leva a uns lugares felices para el.
O poema máis rítmico de todo o libro foi: O año pitaño(páxina 68. Autor: Xose Manuel Álvarez Blázquez) porque ten un ritmo moi marcado e ao estar com posto por pareados  que riman verso a verso e una copla ten una rima moi sencilla.
O poema que mais me gustou foi: deitado frente o mar porque tratase duns dos poemas mais interesantes de Celso Emilio Ferreiro e que reivindica a fala en galego
O poema que menos me gustou foi dificicil de elexir porque gustaronme bastante todos pero creo que o que menos me gustou foi: máis que un poema (páxina 114. Autor:Chus Pato)  porque se supón que e un libro en galego e esta o poemiña escrito noutra lingua
 

Sen comentarios