ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/01/15

Reo

Comentario de Vanesa Lalín


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
     Cando collín o libro,  co seu título, Reo, pensei, isto debe ser unha novela policíaca, pero ao ler a contraportada xa vin que non tiña nada que ver, aínda que no fondo o protagonista si era o responsable de certas cousas, pero algo que calquera rapaz pode chegar a ser.
     Eu non coñecía moito sobre o mundo do graffiti, pero grazas a este libro deime de conta da maneira de pensar e vivir doutros rapaces que son coma calquera de nó , cos seus propios problemas e liortas como temos todos aínda que non o queiramos recoñecer a estas idades, pasándonos o mesmo que os rapaces da historia, en certas ocasións, non falamos con nosos pais chegando así a que pequenas situacións se convirtan en algo moito máis serio.
     Por outro lado penso que os que se dedican a facer gaffitis, a través  del intentan transmitirnos os seus sentimentos xa que doutra forma ás veces resultalles imposible facelo, como lle pasaba a Reo  na historia, pero si demostrou que a verdadeira amizade é algo moi valioso ,e non se debe botar a perder.
Ao longo do libro fala dos problemas que ocasionan as drogas, o cal lle pasou a un dos seus amigos, isto faime reflexionar moito xa que creo que me podería identificar con todo  o que se di no libro, a vez que reflexionei sobre o importante que é comunicarse cos noso pais..

1 comentario:

Martín Lamas Villanueva dixo...

O libro de "Reo" non me acaba de gustar de todo porque non se expon un problema de todo serio e o desenlace tampouco me gustou. O libro comeza ben pero non me gusta como acaba, eu cambiarialle o final.