ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/12/14

Silencio

Comentario de Katia Pereira


Silencio 
Fran Alonso
Xerais




Silencio é un libro un tanto peculiar. Primeiramente porque non aparece en ningures o nome do protagonista mais si o do resto de personaxes.
A trama do libro correspóndese cos recordos do protagonista da época na que tivo que exiliarse a Madrid debido á publicación de artigos en contra da política. Unha vez nesta cidade, alugou un piso e pouco despois comprobou que os veciños eran moi estraños e terminaron por converterse nunha obsesión para el.
O personaxe que máis me gustou foi Catulo porque, tras anos sen apenas manterse en contacto co protagonista, seguía a mostrarse como o mellor dos amigos.
Porén, non logrei comprender o personaxe do Pai e non queda moi ben explicado que pasou con el ao final.
Por outra parte, botei en falta espazos abertos xa que a maioría da historia transcorre no interior dun piso.
En liñas xerais, considero Silencio como un libro interesante e diferente ao que estamos acostumados a ler ademais de simple de comprender.

Sen comentarios