ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/12/14

Barrotes dourados

Comentario de Cristina Costela Seara


Barrotes dourados
Pascual Alapont
Xerais




Barrotes dourados” de Pascual Alapont é  un libro moi realista e común aos nosos días, xa que se dan situacións similares. Pareceume un libro moi interesante e que me fixo reflexionar sobre a morte dun ser querido. Neste caso a morte de Carolina causada por un accidente de tráfico. A vida segue, pero cando perdes a un ser querido, a vida ao teu arredor non ten moito sentido; xa que ninguén está preparado para algo así e despois diso só podes vivir dos recordos que che quedan desa persoa. E no caso de Alexandre, a morte da súa moza Carolina fai que el cambie de idea á hora de elixir a súa profesión e debido ao seu estado de ánimo, refuxiase en Papirus, rexeitando  que poidan ser uns estafadores ou unha seita.  Isto fai que se afaste da súa familia e amigos e que Papirus se convirta no máis importante da súa vida.
Tamén me fixo reflexionar sobre cómo enganan á xente, facendo que confíen neles, sendo todo unha artimaña e unha vez que entras alí non podes volver a saír e se non fas o que che mandan, danche malleiras e secuéstrante, meténdote nun espazo reducido.
Este libro empezoume a enganchar pola metade, cando Nuria intenta dicirlle algo á Alexandre e sempre deixa a frase a medias, creando ese misterio que fai que non deixes de seguir lendo e pasando páxinas, ata que descubras toda a verdade da asociación Papirus.
O que máis me sorprendeu foi o seu final, porque despois de que Nuria enganara a Alexandre (ou polo menos a min pareceumo) pedíndolle que formara parte da asociación e invitandoo á finca, aínda sabendo o que pasaba e como a trataban, el foi na súa busca  e rescatouna da horrible situación que estaba pasando para comezar a formar unha nova vida fóra de Papirus.
Penso que é un libro moi interesante, que reflicte temas moi actuais como a violencia de xénero e ademáis serve para coñecer un pouco máis a cultura exipcia.

Sen comentarios