
Comentario de Laura Mariño
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
Na miña opinión esta comedia é moi
entretida, aínda que nun principio non mo parecía. Pouco a pouco a intriga por
saber que lle ocorre aos personaxes fixo que seguira lendo, sobre todo cara ao
final. Dende o principio Pololo e Adela parecéronme moi falsos. A morte da
vella Rosa provocou moitos enredos, pero dende logo todos os personaxes son uns
avariciosos, xa que só queren cartos. Rosiña foi a personaxe que máis me gustou
porque a través dela a vella Rosa puido vingarse dos seus sobriños, das súas
respectivas parellas e do seu fillo. O que menos me gustou
foi o envelenamento de Rosa.
Por
outra banda, a historia non me parece realista, debido ao que acontece coa
televisión. Paréceme
que sería mellor que fose máis terrorífica, porque o terror é moi entretido.
Sen dúbida, eu
volvería a ler o libro, porque me entretiven moito en comparanza con outros que
tiven que ler.
Sen comentarios
Publicar un comentario